Vigo al minuto

O Nadal empezará na cidade o 4 de decembro

NaVIDADO tenente de alcalde, Santiago Domínguez, avanzou este mércores que o encendido do alumeado de Nadal será o vindeiro 4 de decembro. O nacionalista adiantou esta data tras a xuntanza que mantivo esta mañá cos representantes das asociacións de comerciantes de Vigo e a preguntas dos medios subliñou que o sistema de alumeado contará con todos os “requisitos esixidos pola lei” relacionados coa seguridade. A empresa encargada de instalar o alumeado é Imes, a mesma que ten a concesión do alumeado público da cidade.

Axudas ás familias e comercios

Por outra banda, o nacionalista sinalou que na xuntanza tamén se deu conta das axudas á familias postas en marcha pola Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio para potenciar o consumo nos pequenos e medianos establecementos da cidade. Salientou que os comerciantes expresaron a súa satisfacción ao respecto, posto que as axudas supoñen “a incorporación de 1.200.000 euros”. A reunión tamén serviu para explicarlles a nova convocatoria que está en curso, tamén de 1.200.000 euros, que ten por obxectivo “fomentar o emprego e a formación e paliar as posibles perdas por mor das obras”, afirmou.

“Trátase dun esforzo moi importante dende Tenencia de Alcaldía para que un sector tan importante como é o pequeno e mediano comercio afronte a crise”, asegurou Domínguez. O tenente de alcalde destacou asemade que outro obxectivo da xuntanza é trasladar toda a información necesaria e aclarar todas as dúbidas posibles para que “non quede ningún establecemento de Vigo sen solicitar as axudas”.

 

También te puede interesar