Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Vigo transfórmase na torre de Babel este sábado

Posted by on Nov 10th, 2009 y archivado abajo _agenda, Agenda, Cultura, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Fomentar a integración da poboación inmigrante que vén de diferentes países e con distintas linguas, ao tempo que se lles acerca ao galego. Esta é a base da Festa Multicultural que se celebrará o vindeiro sábado 14 de novembro nas prazas do Berbés e O Progreso, a primeira actividade do programa ‘En galego tamén noutros mundos’.

Programa

Na festa terá un papel moi destacado a gastronomía, xa que de 10 a 12 horas as asociacións participantes na festa mercarán os produtos que necesiten para elaborar as súas receitas no mercado do Progreso. De 12 a 14 horas terá lugar a cociña dos pratos, que poderán ser degustados gratuitamente de 14 a 16 horas.

De 16 a 19.30 horas terán lugar diversas actividades na praza do Progreso, como un obradoiro de caligrafía árabe, cociña para nenos e nenas con degustación de zumes, contacontos mexicano, xogos tradicionais galegos e baile. Ás 19.30 horas un pasarrúas amenizará o Casco Vello e ás 20 horas celebrarase a lectura do pregón na praza do Berbés, que dará paso a un magosto e diversas actuacións musicais.


Be Sociable, Share!

Deja una respuesta