Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

‘Fálame’ un conto

Posted by on Nov 10th, 2009 y archivado abajo Cultura, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Protagonistas: máis de 1.300 escolares. Lugar: o Verbum. Hoxe arrancou ‘Contos para falar’, unha nova campaña de dinamización lingüística na que participarán máis 1.300 nenos de diferentes centros de ensino de Vigo e coa que se pretende potenciar o uso do galego entre nenos de 3 a 9 anos.

Esta iniciativa consta de dúas partes, unha actividade dirixida aos escolares de 3 a 6 anos, na que participarán 667 pequechos de 13 centros escolares, e outra dirixida a rapaces de 6 a 9 anos, coa que se divertirán 651 nenos e nenas procedentes de 11 centros de ensino.

A campaña desenvólvese en colaboración coa editorial Rodeira, que centra boa parte dos seus esforzos na dinamización de colectivos de xente nova e a programación e realización de actividades que permitan o achegamento ao galego. Dela é a montaxe narrativa musical, “A fantástica viaxe de Patri”, na que os nenos e as nenas, a lingua e a comunicación, son os grandes protagonistas.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta