Vigo al minuto

A Xunta quere o Centro de Formación do clúster do automobil en Vigo

Citroën en Vigo
Citroën en Vigo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou que o proxecto do futuro Centro de Formación e Innovación do Clúster do Automóbil en Vigo conta “con todo o respaldo institucional” do Goberno galego. Núñez Feijóo reuniuse este luns co Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) e con representantes do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts para presentar o proxecto deste futuro centro formativo, onde reiterou a aposta do Goberno galego polo sector automobilístico de Galicia.

En rolda de prensa, Feijóo amosou o compromiso da Xunta con este proxecto e a súa vontade de ofrecerlle unha sede para que esta formación e esta innovación “se poida facer na cidade de Vigo”, dixo.

  • Todo o respaldo institucional

Neste proxecto, dixo, o Clúster atopou un dos socios “máis sólidos do mundo” en materia de Innovación, e iso “nos enorgullece como Goberno galego”. “O Instituto Tecnolóxico de Massachusetts sabe que temos 21.000 persoas que traballan todos os días neste sector, que somos competitivos e que temos as mellores fábricas desde o punto de vista da competitividade en Europa. Polo tanto –proseguiu- cumprimos cos criterios de exixencia e calidade que busca antes de facer unha alianza en materia de formación e innovación”, argumentou.

  • Un sector clave e fundamental para a nosa economía

Na súa intervención, resaltou que a Xunta “está a traballar coa maior flexibilidade posible”, a sabendas de que os cambios en todos os sectores produtivos e, especialmente no sector da automoción, “fan necesario que nos adaptemos, buscar socios, acordos e puntos de entendemento para seguir competindo, e que os nosos produtos sigan a ser competitivos en custes, en prestacións”, dixo. “Para nós é un sector clave non só polos coches que se fan aquí, senón polos compoñentes que se fan aquí para o resto das factorías de España e de toda Europa”, reiterou
O sector facturou 8.400 millóns de euros en 2008 e representa o 35 por cento das exportacións en Galicia. Apuntou, ademais, que as empresas de CEAGA xeraron máis de 21.000 empregos directos, o 10 por cento do emprego industrial da nosa comunidade, e que a industria do automóbil constitúe un “referente” no panorama nacional: de cada 100 vehículos producidos en España, 17 fanse en Galicia.

Tamén tivo palabras para lembrar a conmemoración hoxe dos 20 anos da caída do muro de Berlín. “É unha boa época, un bo día para insistir na globalización e na apertura da nosa industria ao resto do mundo e na apertura da mellora constante que ten Galicia en todo aquilo que fai por moi pequeno ou grande que sexa”, dixo ao respecto.

También te puede interesar