Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

¿Onde están as illas Cíes? pregunta un inglés…

Posted by on Nov 9th, 2009 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Presentación do diccionario

Presentación do diccionario

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este luns o primeiro dicionario plurilingüe de galego destinado aos turistas, que ten por obxectivo facilitar ás persoas que nos visitan unha guía para poder comunicarse, ao tempo que “unha pequena introdución á nosa lingua”. O nacionalista salientou que o dicionario recolle 170 expresións traducidas ás catro linguas do estado, galego, castelán, catalán e euskera, así como portugués, inglés, francés, italiano e alemán, xa que estes son os “principais países de procedencia dos visitantes que se achegan a Vigo”.

Na presentación, na que tamén participou a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, o tenente de alcalde explicou que esta iniciativa foi posta en marcha durante o verán como “experiencia piloto” e que tras comprobar a boa acollida que tivo dende o primeiro momento, decidiuse consolidar a proposta co reparto de 35.000 exemplares nas oficinas de turismo e nos hoteis da cidade. Segundo Santi Domínguez, o obxectivo desta iniciativa é dobre: por unha banda de ofrecer aos turistas un “material sinxelo co que poder comunicarse”, e por outra, que os que nos visitan saiban que “o galego existe”.  

Santi Domínguez agradeceu aos equipos de Normalización Lingüística e Turismo do Concello de Vigo e á  Dirección Xeral do anterior goberno da Xunta, polo seu traballo para facer realidade o dicionario, así como a Concellería de Turismo do Concello de San Sebastián, “que permitiu axilizar a súa posta en marcha”. Asemade indicou que a idea de cara ao futuro é “ir ampliándoo ano a ano”. 

A concelleira de Normalización Lingüística, pola súa banda, destacou que a posta en marcha deste proxecto parte da base de material empregado polo goberno vasco no eido turístico, e en concreto polo Concello de San Sebastián. Asemade, sinalou que nas guías turísticas existentes se bota en falta as expresións en galego, de xeito que este dicionario vén a suplir esta carencia. Afondando no expresado polo tenente de alcalde, Iolanda Veloso afirmou que a iniciativa ten por obxectivo facilitar a comprensión das persoas que nos visitan e “visibilizar o galego” como a nosa lingua propia.  

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta