Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Sanidade pide que non se xogue a ‘tortilla rusa’ cos cogumelos

Posted by on Nov 8th, 2009 y archivado abajo Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Non todos os cogumelos galegos son comestibles

Non todos os cogumelos galegos son comestibles

A Consellería de Sanidade lembra a necesidade de manter precaucións á hora de recoller e consumir cogomelos silvestres para evitar así posibles intoxicacións alimentarias. A Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación lembra que, se ben existen en Galicia especies de cogomelos comestibles moi apreciadas na gastronomía, tamén hai outras que son tóxicas e mesmo moi tóxicas, e poden chegar a resultar mortais, polo que saber distinguir os cogomelos antes de comelos é fundamental.

No apartado Saúde Pública –no subapartado Seguridade alimentaria- da páxina web do Servizo Galego de Saúde (http://www.sergas.es/) ofrécese información aos cidadáns sobre como previr as intoxicacións.

Ante a dúbida á hora de identificar un cogomelo é mellor non recollelo. Polo tanto, as persoas inexpertas deben apañar os cogomelos acompañados dun experto ou consultar con algún antes de consumilos. Ademáis, hai que procurar non mesturar as especies no mesmo cesto; non recollelos despois de grandes choivas ou días de moita auga, xa que isto pode modificar as súas características e dificultar a súa identificación; e non transportalos en recipientes pechados ou bolsas plásticas, para evitar que fermenten.

Os cogomelos recollidos deben consumirse o máis pronto posible, non en grandes cantidades –debido a que o seu alto contido en celulosa, en xeral, fainos indixestos- e sempre cociñados. Así mesmo, débese gardar un exemplar no frigorífico, xa que pode ser de utilidade para os médicos en caso de intoxicación.

  • Síntomas de intoxicación e medidas a adoptar

As intoxicacións por cogomelos poden presentar cadros moi variados, pero se pode falar de dous grupos xerais. No primeiro grupo, entre tres e catro horas despois de comelos aparecen síntomas de carácter dixestivo, náuseas, vómitos, diarrea e dor de barriga, xunto con alteración nerviosa, máis ou menos intensa, sensación de mareo, confusión, alteracións visuais ou cambras. Polo xeral adoitan a ser de escasa gravidade e moi poucas veces poñen en perigo a vida das persoas intoxicadas.

Doutra banda, no segundo grupo os síntomas aparecen logo de oito ou dez horas -ou mesmo días- despois de comer os cogomelos, e son similares aos anteriores pero poden resultar gravemente danados os riles e o fígado cunha grande afectación do estado xeral da persoa. Estas intoxicacións si poden causar a morte.

Ante calquera destas intoxicacións, a persoa afectada debe acudir ao centro sanitario máis próximo e comunicarlle ao profesional médico a súa sospeita; darlle ao especialista información sobre o tipo de cogomelo; se é posible levar unha mostra do cogomelo consumido cociñado ou non -para identificar correctamente a especie consumida-; informar do lugar onde foron recollidos; e indicar se varias persoas os comeron xuntas, xa que será preciso contactar con elas para saber se teñen os mesmos síntomas.

Por último, dende a Consellería de Sanidade apélase a non facer caso de falsas normas ou tradicións sobre o recoñecemento de cogomelos que non teñen base científica, como que son comestibles todos os que crecen na madeira ou no prado, os que aparecen roídos por animais salvaxes ou os que cheiran ben ou teñen cores agradables, porque todas estas crenzas son erróneas.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta