Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Achada en Sálvora a maior poboación de Erodium maritimun de Europa

Posted by on Nov 8th, 2009 y archivado abajo Curiosidades, Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

O Erodium marítimo está en preigo crítico de extinción

O Erodium marítimo está en preigo crítico de extinción

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, ven de descubrir máis de 31.000 exemplares de Erodium maritimun na Illa de Sálvora. Trátase dunha especie de planta considerada en perigo crítico de extinción en España, xa que dela só se coñecían tres poboacións en toda a Península Ibérica (illa Dragonera, en Baleares; San Andrés de Teixido, na Coruña; e illa de Faro, no arquipélago das Illas Cíes).

Este descubrimento é froito da actividade de procura realizada polo persoal do Parque Nacional e de numerosos botánicos galegos, que están levando a cabo un traballo intensivo de recollida de mostras, coa finalidade de dispoñer de coñecemento amplo da variabilidade xenética das poboacións coñecidas da especie. Preténdese, desta forma, marcar as directrices e actuacións necesarias para tomar medidas relacionadas co mantemento da especie e do seu hábitat, así como outras vinculadas coa conservación da diversidade xenética, de investigación, seguimento e control das poboacións.

  • Distribución

A área de distribución mundial coñecida restrínxese a Europa e se presenta de forma moi dispersa en áreas costeiras de Europa occidental, chegando até o Mediterráneo central. Con este achado, a poboación do Parque Nacional viuse incrementada, sumándolle aos 20 exemplares que se atoparon en Cíes estes 31.000 individuos.

Con estes datos, a atopada pódese considerar como unha das maiores poboacións de Erodium maritimun do continente europeo.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta