
Un policÃa local.
A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), en colaboración co Concello de Vigo, impartirá entre os dÃas 9 e 13 de novembro un curso sobre psicoloxÃa aplicada á violencia de xénero e entrada policial en lugares pechados, dirixido aos membros do corpo de PolicÃa Local -funcionarios de carreira- do Concello vigués e concellos próximos.
O obxectivo deste curso é reflexionar sobre a violencia de xénero, dando a coñecer cuestións xerais sobre a comunicación humana, caracterÃsticas psicolóxicas das situacións crÃticas, enfoques e técnicas psicolóxicas útiles na intervención policial en violencia de xénero, a importancia da autorregulación emocional, asà como aportar información sobre o desgaste profesional e a súa prevención.
As clases impartiranse en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 horas, na aula de formación da PolicÃa Local do Concello de Vigo (Praza do Rei, s/n) e contarán con 20 prazas. Os contidos que se abordarán neste curso abranguen asuntos como as situacións crÃticas, comunicación humana, conceptualización da violencia de xénero, agresor e vÃtima, violencia de xénero e intervención policial, primeiros auxilios psicolóxicos, autocontrol emocional, estrés e desgaste profesional en policÃa, réxime xurÃdico e operativa de aproximación en entradas de lugares pechados.



