Vigo al minuto

O conselleiro de Educación anuncia o investimento de 8,6 millóns do seu departamento en Vigo

O conselleiro Xesús Vázquez e a delegada, Lucía Molares, na sede da Xunta en Vigo
O conselleiro Xesús Vázquez e a delegada, Lucía Molares, na sede da Xunta en Vigo

“Vigo recibirá o ano que ven 8.600.000 € do orzamento da Consellería de Educación, 3.500.000 € máis que en 2009”.

Vázquez detallou, partida por partida, a donde irá a inversión. Sinalou que 2.545.237 € serán para a reforma e ampliación do CEIP Virxe do Rocío, da que beneficiaranse 225 nenos e nenas que disporán dun edificio con novas unidades de Educación Infantil e Primaria, cociña, ximnasio e zonas de ocio. Consígnanse, tamén 400.000 € para a reforma de Altamar “á espera de que o Concello ceda os 8.000 m2 de terreo que precisa a obra”.

1.100.000 € será para a mellora do Centro de Educación Especial Saladino Cortizo, 300.000 € para a ampliación dos comedores dos colexios Pomba e Pintor Laxeiro; 1.100.000 € para os 30 comedores xestionados polas Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPAS), cantidade que súmase á parte que lle toca dos 23 millóns totais os 20 comedores xestionados pola Xunta e nos que comen a diario 2.500 rapaces.

Así mesmo, o conselleiro lembrou que Educación paga 75.000 € ao día polo transporte escolar de 8.538 nenos e nenas vigueses, que fan 350 rutas distintas para chegar ao seu centro, e sinalou que 10.500 escolares de Vigo beneficiáronse xa da ‘Gratuidade Solidaria’ dos libros de texto.

Vázquez informou que dende este curso hai 24 secciones bilingües máis na cidade, co cal chegouse ás 40, que recibe a meirande porcentaje dos 6.500.000 € destiñados a dotar a colexios e institutos de material informático e da Campaña de Dinamización do Galego, que disporá de 4 millóns de euros.

O conselleiro rematou dicindo que a Xunta aprobó unha partida de 3 millóns para a mellora do éxito escolar e a reduccion do abandono dos estudos, que investirá 325 millóns no Ensino Universitario, dos que preto de 50 serán para investigación “e 7 máis para I+D+i e outros 3 para adaptar os sete campus galegos ao Plan Bolonia”.

Iso asegurou o conselleiro Xesús Vázquez, hoxe na cidade á que chegou para presentar as contas do seu departamento. “Esta partida supón un incremento do 150% en so 12 meses, y en crise, fronte a un investí mentó anterior feito sen esta recesión e nun ano electoral”.

También te puede interesar