Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Dez días preto das estrelas na Semana da Ciencia 2009

Posted by on Nov 6th, 2009 y archivado abajo _agenda, Agenda, Cultura, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

No Ano Internacional da Astronomía a Semana da Ciencia tiña que ser especial. A Fundación Ceo, Ciencia e Cultura e a Asociación Astronómica de Vigo organizarán entre o 10 e o 21 de novembro en varios concellos da provincia xornadas con conferencias, debates, exposicións, cursos de iniciación e observacións públicas para todos aqueles interesados en coñecer un pouco máis sobre astronomía. Eso sí, todas as observacións nocturnas dependerán da climatoloxía.

Programa

As actividades arrancan o 10 de novembro no Liceo Marítimo de Bouzas (Vigo), ás 20 horas, coa conferencia ‘Estructura do Universo’, a cargo de Ricardo Moreno Valdepérez, presidente da Asociación Astronómica de Vigo e vicepresidente 1º da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura. O 13 de novembro haberá actividades por partida dobre. Será o turno da charla ‘O ceo que vemos’, impartida por Hugo González, membro da Asociación Astronómica de Vigo no Museo Massó de Bueu (20 h). Trala conferencia, e se as condicións meteorolóxicas o permiten, celebrarase unha observación.

A fin de semana as actividades centraránse en Forcarei. O 14 de novembro, ás 18 horas, comezará un curso de iniciación ao manexo de telescopios impartido por Francisco Violat, técnico observador da FC3. Ademáis, presentarase nas dependencias do concello de Forcarei a colección ‘400 lunas emocionadas’, creada por Juan Fernando de la Iglesia, catedrático de escultura da Facultade de Bellas Artes da Universidade de Vigo. Mentres, o 15 de novembro celebrarase unha xornada de portas abertas no Observatorio Astronómico de Forcarei a partir das 11 horas. Ás 18 horas, Enrique Banet, presidente da Fundación Galicia Verde, impartirá a charla ‘A influencia da lúa nos cultivos’ no Centro Social de Forcarei. A xornada rematará ás 19 horas cunha mesa redonda sobre a ‘Astronomía na sociedade de hoxe’ con Enrique Banet, Enrique Alonso Blanco, Luis Miranda, Ana Ulla e moderada por David Raposeiras, alcalde de Forcarei.

O 16 de novembro a mañá é dos máis pequechos cunha xornada de astronomía básica ‘O sol e a súa familia’ no colexio de Educación Infantil de Forcarei impartida por Ana Ulla Miguel, presidenta da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura. Ademáis, haberá xornada de portas abertas no Observatorio Astronómico de Forcarei a partir das 10 horas. Pola tarde, ás 20 horas, o Centro Social Caixanova de Pontevedra acollerá a charla ‘Cúmulos e galaxias’, de Juan Lois González, profesor no Colexio Apóstol Santiago de Vigo e membro da Asociación Astronómica de Vigo. Nova conferencia no Centro Social Caixanova de Pontevedra o 17 de novembro. Nesta ocasión será ‘O Big Bang. Os tres primeiros minutos do Universo’, a cargo de Teo Boo Castro, membro da Asociación Astronómica de Vigo.

O 18 de novembro, ás 20 horas, Hugo González, membro da Asociación Astronómica de Vigo, falará sobre ‘O ceo que vemos’ no Centro Social Caixanova de Pontevedra. O venres 20 de novembro o Concello de Vigo, coa colaboración da FC3, da Agrupación Astronómica Rías Baixas e da Asociación Astronómica de Vigo, invita a todos os vigueses a unha observación pública con prismáticos e telescopios no ceo nocturno de Samil. De 20 a 22 horas.

Para despedir os festexos da Semana da Ciencia nada mellor que unha observación nocturna. Será o 21 de novembro no Monte da Siradella (O Grove) a partir das 20 horas, organizada polo Concello de O Grove e dirixida por Jesús Pérez Bastos, vicepresidente 2º da FC3, membro da Asocaición Astronómica de Vigo e presidente da Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía.

O resto do ano

Serán dez días intensos con máis de 16 actividades programadas, pero non son as únicas que se celebran ao longo do ano. Os interesados na astronomía poden acudir ao Observatorio Astronómico de Forcarei con tan só entrar na web da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, onde atoparán información sobre o Observatorio, os horarios de apertura, cómo pedir cita (no teléfono 986 812 647 ou no mail presidencia.fc3@gmail.com) ou sobre as actividades que se celebren. Na web de Astrovigo tamén poden estar informados de todo.

Be Sociable, Share!

1 Respuesta for “Dez días preto das estrelas na Semana da Ciencia 2009”

  1. Cándido dice:

    Enhorabuena por los actos: mi vista a Forcari con los niños fue muy agradable tanto por el recibimiento y trato personal del astrónomo y el monitor (Francisco y Agustín) como por la charla amena, la visita guiada, las imágenes y el trato cálido. Adelante con esta y más propuestas.

Deja una respuesta