_agenda Agenda

San Teleco prepárase para saír de marcha

Los donantes de sangre se llevarán una camiseta de San Teleco gratis.
Os doantes de sangue recibirán unha camiseta de San Teleco gratis.

Non quedan ni 24 horas para que Telecomunicaciones homenaxee ao seu famoso patrón e todos os motores xa están en marcha. A romaría tradicional seguirá a ser a seña de identidade de San Teleco, que quere convertirse nunha festa de convivencia e alonxarse da imaxe de botellón desenfrenado que foi gañando nos últimos anos.

E para amosar esa aposta pola cultura, os alumnos da Universidade de Vigo están a traballar para impulsar unha iniciativa innovadora coa que crear un código de autorregulación das festas patronais dos diferentes centros para establecer as directrices para a celebración dos patróns, centrada no respeto e procurando recuperar as festas orixinais de cada centro.

Este ano San Teleco volve a apostar polas actividades culturais, que arrancaron o 19 de outubro e que contou, entre outras cousas, cunha Semana Cultural de 15 días na que se organizaron competicións deportivas, torneos de videoxogos, de cartas ou conferencias, como a impartida polos creadores de Tuenti. Ademáis, as ‘carnicerías’ permiten aos alumnos enfrontarse cara a cara cos profesores en fútbol sala, baloncesto e xogando ao Trivial.

E os alumnos poderán ser máis solidarios ca nunca. Tralo éxito de San Teleco Solidario do ano pasado, nesta ocasión organizarase de novo unha campaña de doación de sangue que remata hoxe na que os doantes recibirán a camiseta de San Teleco de xeito gratuito.

Todo o programa

Hoxe, para quentar motores, celebraráse o Clube da Comedia, unha das actividades que máis anos leva realizándose con motivo dos festexos do patrón. O encargado da presentación desta actividade será o profesor da escola J. Carlos López Ardao e contará coa presenza de dous cómicos galegos.

A festa comezará co relatorio ‘The European Space Astronomy Centre’, no que unha ex alumna do centro (Santa Martínez) afondará nas súas experiencias no mundo laboral e comentará as posibles saídas do estudantado. Como segundo acto da xornada, a entrega de premios aos gañadores nas diferentes competicións da Semana Cultural.

A romaría arrancará no aparcadoiro do centro co pregón a cargo da cantante de hip hop e alumna da escola AID e coa procesión do Meco, confeccionado polo alumnado do primeiro ano. A continuación, a festa tradicional galega na que os asistentes poderán degustar a gastronomía típica e gozar da música popular coa participación do grupo de gaitas Faíscas.

También te puede interesar