Galicia

Os afectados polo ERE de La Región, manifestaranse mañá diante da sede da Xunta en Ourense

O diario, que recoñece que é unha empresa rendible que aporta beneficios, pretende aprobar un ERE que afectaría a 35 empregados, situacion que os afectados exporán ao delegado da Xunta na capital ourensá

Cabecera de La Región /S.Pereira
Cabecera de La Región /S.Pereira

Segundo informa o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG), o cadro de persoal de  La Región de Ourense publica hoxe unha web http://erelaregion.wordpress.com/ , en contra do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que pretende impor a dirección  deste diario. A empresa quere despedir 35 traballadores, malia ter admitido recentemente nas páxinas do propio xornal que “o diario ourensá é, como avalan as súas contas, unha empresa rendíbel, que arroxa beneficios”.

A nova web únese a un grupo no Facebook que ven funcionando dende o inicio das protestas dos traballadores. O grupo “paremos o Ere na Región de Ourense” <http://www.facebook.com/group.php?gid=158438347881> xa conta con máis de 200 seguidores malia que só ten unha semana de vida.

Reunión co delegado da Xunta

Ademais de iniciativas na Rede, o Comité de Empresa de  La Región  (no que colaboran CIG, UXT, Comisións e Sindicato de Xornalistas de Galicia, que preside o Comité) prepara unha nova concentración mañá mércores. Será as 10:30 horas fronte a “Casa de Chocolate”, fronte o edificio da Xunta na Capital das Burgas. A esa hora o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, manterá unha xuntanza cos representantes dos asalariados.

Gañou 188.000 euros en 2008
Segundo o SXG, a mala situación económica do diario non é por que non xere ingresos, pois facturou máis de 13 millóns e gañou 188.000 euros en 2008. Os problemas están derivados dunha pésima xestión que desembocou en importantes débedas.
Isto, en todo caso, non é achacable aos traballadores.

También te puede interesar