vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Telecentro de Tui abre as súas portas

Posted by on Nov 3rd, 2009 y archivado abajo Comarcas, Sin sección. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

O Telecentro de Tui

O Telecentro de Tui

O Telecentro de Tui comeza a realización dunhas “xornadas de portas abertas” dirixidas a toda a poboación tudense para a difusión dos recursos que ofrece á cidadanía o telecentro do Concello tudense.

Así, de luns a venres de 17,00 a 19,30 horas aqueles veciños interesados en coñecer este Telecentro poderán acceder aos recursos dos que dispón este servizo municipal, que tenta superar a fenda dixital que sofren os cidadáns da nosa Comunidade Autónoma no acceso ás novas tecnoloxías da información e a comunicación.

O acceso é libre e de balde para todos os veciños maiores de idade que poderán usar os servizos deste Telecentro para acceder a consultas de carácter informativo, cultural, etc. en ningún caso para xogos, descargas, etc.

Esta apertura ao público está condicionada pola impartición de cursos e accións formativa neste Telecentro o que obrigaría, se fose o caso, a unha limitación do horario de apertura pública. O acceso é, de momento, para persoas maiores de idade.

Os obxectivos do Telecentro de Comunicación son os seguintes:

– Ser un espazo aberto de comunicación.
– Familiarizar á cidadanía coas novas canles e soportes audiovisuais de comunicación.
– Facilitar o acceso público a Internet como medio de comunicación favorecendo a democratización de acceso aos servizos que proporciona a Sociedade da Información.
– Alfabetizar dixitalmente aos grupos máis afastados do desenvolvemento e implantación das novas tecnoloxías.
– Mellorar a formación profesional dos profesionais do sector audiovisual e multimedia. 

Este Telecentro atópase situado no primeiro andar do edificio Área Panorámica, na céntrica rúa Colón da cidade, e está integrado na Rede de Telecentros de Comunicación da Secretaria Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia que xestiona, de forma coordinada, esta rede coa posta en marcha de actividades formativas e a implantación de servizos e de accións de sensibilización e acercamento da poboación.

Por outra banda, este Telecentro acollerá dende o vindeiro mércores 4 de novembro un curso sobre “Creatividade e intelixencia emocional”, que está organizado polo Consello da Xuventude de Galicia, co obxectivo de ensinar a manexar a forza das emocións para converter as ideas mellores en realidade. Este curso está preferentemente dirixido a mozos interesados na creatividade e no traballo da intelixencia emocional como vehículo para a mellora persoal, laboral e social.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator