Cultura

Samil ‘presta’ o seu ceo para aprender de astronomía

La actividad es gratuita
La actividad es gratuita

A concellaría de Xuventude súmase á celebración do Ano Internacional da Astronomía e coincidindo coa semana da ciencia organiza unha observación astronómica e unha visita ao planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro. A observación das estrelas terá lugar de 20 a 22 horas o venres 20 de novembro na pista de patinaxe de Samil, mentres que para participar na visita ao planetario, que será o martes 24 de novembro ás 18 horas, o martes 3 comeza o plazo de inscrición.

As súas actividades terán lugar en colaboración coa Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, a Asociación Astronómica de Vigo e a Agrupación Astronómica Rías Baixas, de xeito que os membros das asociacións amosarán as constelacións, astros e planetas a través de telescopios que achegarán para a ocasión o día 20 en Samil. No caso de que as condicións climatolóxicas non sexan axeitadas para realizar esta actividade, que é gratuita, sería o seguinte venres.

A visita ao planetario do Instituto Marítimo Pesqueiro (ubicado na avenida Beiramar 55), prevista para o día 24 ás 18 horas, contará coa colaboración do Instituto e do antigo profesor da escola Juan Louro. Na visita, na que poderán participar 50 persoas maiores de 13 anos, o profesor Louro ofrecerá unha sesión de astronomía náutica para todos os interesados e interesadas nesta ciencia.

A actividade é gratuíta e a ficha de inscripción pode recollerse nas dependencias da concellería (Casa Xuventude, Punto Xove e Súbete ao Castro) ou solicitala a través de correo electrónico ([email protected]). Para formalizar a inscripción deberá entregarse a solicitude (máximo tres por persoa) no Punto Xove a partir do martes 3 de novembro e ata cubrir as prazas. O desprazamento ao planetario corre por conta das persoas participantes.

También te puede interesar