Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O goberno local asegura que xa investiu máis de 37 millóns este ano

Posted by on Oct 26th, 2009 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

ConcelloA concelleira de Economía e Facenda asegurou que o investimento municipal nos nove primeiros meses de 2009 ascende a 37,3 millóns de euros, unha cifra que refrenda a “boa xestión” do goberno local e que é superior ao executado polo Concello nos pasados 2004, 2005 e 2006 xuntos.

Raquel Díaz presentou estas cifras no Pleno ao que levou o estado de execución orzamentaria correspondente ao terceiro trimestre de 2009.

O Partido Popular, segundo o seu voceiro de Economía, asegurou detetar un “problema de xestión” da concelleira porque baixan as fases do licitado e o executado, así como as transferencias de capital. Jorge Conde aseverou asemade que “os datos empeoran” e o goberno local “está a gastar da caixa común de todos os cidadáns”, un camiño de “irresponsabilidade” que levará ao endebedamento.

Díaz respostou que as cifras absolutas son positivas, lembrou que o Concello está a recurrir actualmente ao endebedamento con “responsabilidade”, unha práctica que están a levar a cabo outras administracións como a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Readmisións en Povisa

O pleno tamén aprobou a proposta do BNG unha moción pedindo a readmisión dos despedidos de Povisa. A proposta defendida polo concelleiro Xabier Alonso pedía tamén que a Consellería de Sanidade actúe na mediación do conflito laboral de Povisa.

E regulación laboral da Escola Oficial de Idiomas

Cos votos a favor dos grupos socialista e nacionalista, e os votos en contra do PP, aprobouse a moción presentada pola concelleira Laura López Atrio, na que se insta á Consellería de Educación para que reite a circular 5/2009 que regula as condicións de traballo do profesorado das Escola Oficiais de Idiomas, que escote ós equipos directivos das EOIs e ós sindicatos, se informe axeitadamente da realidade educativa e consensue con eles o funcionamento das Escolas.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta