vigoalminuto.com - Tu peridico digital

As novas camas para os sen teito, só un comezo para a Favec

Posted by on Oct 23rd, 2009 y archivado abajo Destacados, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

A Federación Veciñal ‘Eduardo Chao’ de Vigo considera que pór 20 camas a disposición das persoas sen teito é un xeito de empezar a traballar a problemática que a diario sufren os centos de persoas que malviven nas rúas da cidade, aínda que considera que non pode ser a solución definitiva nin pode sustituir á creación do albergue público que precisa Vigo e que debe ter servizos como comedor, lavandería, centros de emerxencias sociais…

Para a Favec, as 20 camas non dan cobertura ás persoas sen teito da cidade, xa que todos os estudos apuntan a que son centos de persoas as que viven á intemperie, en infravivendas ou en choupanas na cidade. No inverno “bastaba con achegarse ao centro de Vigo calquera noite para darse de conta de que máis de dúas ducias de persoas estaban durmindo en caixeiros, portais e buratos”, aseguran.

A pesar deste avance, a FAVEC prega ás administracións que non se olviden da xente que está na rúa xa que pronto chegará o inverno, o frío e as chuvias que sen dúbida agravarán o estado de saúde de moitas das persoas que están na rúa. É mester que dunha vez deixen de utilizar ás persoas sen teito como arma arroxadiza nas súas disputas e colaboren todas xuntas en dar solución ás problemáticas das persoas empobrecidas e que malviven nesta cidade.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto