vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Dous mortos nas estradas galegas esta fin de semana

Posted by on Oct 19th, 2009 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Noventa involucrados en 66 accidentes de tráfico é o balance das estradas galegas desta fin de semana. A maior concentración de sinistros produciuse o domingo, con 27 accidentes; o 71 por cento dos atendidos foron homes e máis da metade tiñan ente 15 e 34 anos. Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos da fin de semana, con 30 sinistros, seguida de Pontevedra (23), Lugo (10) e Ourense (3).

En 80 casos os feridos foron trasladados a centros hospitalarios e en cinco ocasións a un centro de saúde, mentres que tres persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar no incidente sen necesitar traslado e dúas faleceron no mesmo lugar do incidente.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2