Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Universidade deseña tecnoloxías contra os ‘polizóns’ das Illas Cíes

Posted by on Oct 16th, 2009 y archivado abajo Curiosidades, Portada, Sin sección, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

As Cíes sufren o efecto das especies invasoras

As Cíes sufren o efecto das especies invasoras

Viaxan como polizóns coas personas e as cargas que se trasladan dun lado ao outro do mundo. Pequenas sementes na nosa roupa, insectos nas madeiras ou pequenos animais mariños no lastre dos barcos. Na maioría das ocasións non chegan a sobrevivir nunha contorna distinta á súa, pero noutras logran reproducirse con grande éxito e expandirse con tanta facilidade que desprazan ás especies autóctonas. Estas invasoras, que ás veces realizan unha viaxe non tan inocente e son introducidas nos ecosistemas por intereses comerciais ou ornamentais, son a primeira ameaza da vexetación das Illas Atlánticas e nos próximos dous anos, un equipo da EUET Forestal traballará na validación dun sistema de teledetección con espectroscopia de imaxe para “desenvolver técnicas de detección de especies invasoras a partir de imaxes hiperespectrais”, explica a directora do proxecto, María Calviño.
A acacia negra (Acacia melanoxylon), de Australia, e a margarita africana (Artotheca calendula), o chuchamel (Oxalis pes-caprae) e maila unlla de gato (Carpobrotus acinaciformis y C. edulis), de Sudáfrica, son as invasoras que concentran a atención neste proxecto. Trátase de catro especies “bastante extendidas e que representan casos diferentes á hora de validar a tecnoloxía e estudar as súas limitacións”, explica. Así, a acacia negra esténdese con facilidade por zonas forestais, formando tupidas masas e producindo unha gran cantidade de sementes cada ano que poden permanecer viables no solo por moito tempo e xerminar despois, en canto se abra un claro, logo dun desbroce ou un incendio. Pola súa parte o chuchamel esténdese polos prados, zonas de cultivo e cunetas e adoita empregar como ‘método de transporte’ a terra que vai con árbores frutais e outras prantas que se adquiren nos viveiros, mentres que a margarita africana prolifera fundamentalmente nas praias. Por último, a unlla de gato é moi común nas nosas praias e acantilados. Son os catro puntos principais de atención; sen embargo, Calviño non desbota que ao longo do proxecto se introduzan outras especies.

  • Colaboración coa ETS de Telecomunicacións

Para iso, o equipo está testando un equipo desenvolvido na ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación, dirixido polo profesor de Teoría do Sinal e Comunicacións Julio Martín Herrero, integrado nun ultralixeiro. O aparello identifica cada obxecto pola súa interacción coa luz segundo os seus materias, forma e estrutura da súa superficie. Un espectro que vai do ultravioleta ao infravermello pasando polo visible. O obxectivo é desenvolver técnicas de de detección destas especias a partir destas imaxes e estudar ata que punto esta tecnoloxía pode servir para a monitorización de invasoras. Non en van, a técnica achegaría moitas vantaxes xa que “permite mapear zonas amplas de forma simultánea e completa empregando plataformas de baixo custe e conseguir, deste xeito, un rexistro permanente da área de estudo con gran cantidade de información adicional”, apunta Calviño. Este feito abriría a porta a conseguir determinar a gravidade do problema e, ao tempo, obter unha base para prever a futura expansión destas especies, estimar a efectividade dos métodos de control e identificar os obxectivos máis axeitados para as campañas de control. Algo que esta técnica realizaría con maior efectividade que as tradicionais inspeccións directas por persoal de campo.

  • As illas, zonas vulnerables ás invasións biolóxicas

A investigación, iniciada en decembro de 2008 e dotada cun orzamento de máis de 70.000 euros, acaba de rematar a primeira fase de integración do sensor e de realización das probas de voo. “Estamos facendo voos en zonas con variedade de especies exóticas e densidade e distribución das súas manchas, precisas para as primeiras fases do proxecto”, explica. E é que validar unha tecnoloxía destas características require un grande esforzo en traballo de campo en zonas axeitadamente representativas.
Neste proxecto, concedido polo Organismo Autónomo de Parques Nacionales do Ministerio de Medioa Ambiente, a Universidade traballa en conxunto co Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (IMEDEA) xa que a investigación tamén se desenvolve e se aplicará no arquipélago de Cabrera. E é que, tal e como apunta Calviño, “as illas son especialmente vulnerables ás invasións biolóxicas”. Nesa banda da investigación, Calviño colabora coa profesora de Investigación do CSIC no IMEDEA, Anna Traveset. Do mesmo xeito, o catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, Adolfo Cordero, con vinte anos de experiencia en investigación, tamén forma parte do equipo de investigadores do proxecto.

Fonte: DUVI

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta