Destacados Vigo al minuto

200 persoas de 50 países no FISU Forum Vigo 2010

Celebrarase en Vigo do 21 ao 26 de xuño de 2010 e nel participarán 200 representantes de 50 países. O FISU Forum darase cita en Vigo tras dous anos de negociación para abordar os cambios que está a sufrir o deporte universitario, que debe superar a falta de visión global que predomina na actualidade, incorporar transversalidade e valores éticos e de respecto ao medio ambiente e impulsar o deporte feminino, xa que as mulleres son maioría na poboación universitaria e é “necesario saber o que poden aportar neste proceso de cambio”.

O Concello de Vigo quere que a visita sexa proveitosa tanto para o deporte como para o a cidade, xa que “nas cidades nas que se deciden cambios sempre queda ese espírito e son recordadas polo que alí se acordou. O espírito de Vigo estará presente en todas as universidades do mundo”, asegurou o tenente de Alcalde, Santi Domínguez.

A Universidade de Vigo será a encargada de organizar o décimo FISU Forum, unha alianza xerada arredor do deporte que deixará moitos retos na cidade tras a celebración do foro.

También te puede interesar