vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Investigadores da Universidade alertan da destrucción das dunas de Figueiras-Muxieiro, nas Cíes

Posted by on Oct 9th, 2009 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Cíes

Un grupo de profesores da Universidade de Vigo veñen de asinar un documento no que advierten da improcedencia da construcción dunha pasarela de madeira nas dunas de Figueiras-Muxieiro nas Illas Cíes.

Segundo advirten, este complexo dunar é un valioso ecosistema natural protexido no que salienta a singularidade dos seus habitats e especies que é prioritario conservar e consideran que as obras da pasarela, feitas con maquinaria pesada veñen de producir un “impacto ecolóxico directo de notable magnitude” pola eliminación de centos de metros cadrados de vexetación e alteración morfolóxica das dunas, especialmente a creación dun desmonte que promove a desertización das mesmas.

 Os dez profesotres asinantes sinalan que esta infraestructura producirá tamén “impactos directos perante a súa vida útil, xa que será unha nova vía de acceso a illa para centos de visitantes. “Por exemplo, cando a afluencia de visitantes é meirande, prodúcese o espallamentos dos sementes da camariña, especie que conserva nesta duna unha das dos únicas poboaciós que quedan en Galicia e que interacciona coa fauna, algo necesario para a rexeración natural desta población”.

Por último, advierten que o actual proxecto constructivo non cumpre o disposto no Plan de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN das Illas Atlánticas de Galicia, Decreto 274/1999, DOGA 28/10/1999). Lamentan a ausencia dun proceso formal da comunidade científica e sinalan que este espacio ten que permanecer coma Zona de Reserva de Acceso Restrinxido.

Por elo solicitan á Dirección do Parque :

A paralización das obras e a posta en marcha dunha prorposta de restauración inmediata. Ofrécense a colaborar coa Dirección para atopar a solución máis axeitada para a conservación das dunas e formar un grupo de traballo multidisciplinar, contando cos investigadores da Universidade de Vigo.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator