Vigo al minuto

Saiáns descubrirá os seus tesouros no ‘Camiña e Coñece’

Parque Forestal de Saiáns
Parque Forestal de Saiáns

Paixase espectacular, un castro,  muíños rupestres e de augua.  Saiáns amosará o domingo,nun novo roteiro de  ‘Camiña e Coñece’, estes tesouros que agocha no seu parque forestal. Tratase dun percorrido adecuado para tódalas idades e cuña duración aproximada de 3 horas.

Ao longo de 5 paradas nas que intervirá un guía, aquel que asista sorprenderase co Castro de Estea, un dos poucos de Galicia que conta con dobre terraza e zanxa de protección. Nel se recuperaron vestixios e, actualmente, está na súa primeira fase de musealización grazas a unha suvención otorgada polo bipartito para tal efecto. Neste intre  estase a eliminar a súa masa arbórea , posteriormente farase unha limpeza polo miudo (sen intervir maquinaria) sinalizarase e editarán un libro con máis información.

Pero non se queda aquí o atractivo do roteiro, xa que no percorrido poderanse observar dúas tipoloxías de muíños:  o rupestre navicular e os de auga históricos.

O broche final o pon o Monte da Bandeira, dende onde se pode contemplar Saiáns e o seu contorno xeográfico.

Xosé Rei, presidente da Asociación de Veciños de Saiáns, amosouse orgulloso de “por en valor as cousas da parroquia” grazas ao ‘Camiña e Coñece’, promovido dende o Concello de Vigo. Así, Rei explicou en rolda de prensa o traballo que están a desenvolver no parque forestal, que non remata coa musealización do castro. Así,  actualmente se encontran a elaborar un novo Plan de Ordenación que contempla a reforestación da parte baixa do monte con especies autóctonas.

Xa sabes, se che interesa, tes unha cita este domingo 27, as 10:00 horas no Parque Forestal de Saiáns.

‘Camiña e coñece’ é unha iniciativa das concellerías de Deportes, Cultura e Animación Sociocultural. En edicións pasadas recorreuse a cidade de Vigo, o Lagares, Bouzas, Valadares, Chandebrito e Zamáns. O roteiro de Saiáns o organiza en colaboración coa Asociación de Veciños da parroquia.

También te puede interesar