Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

J.K Rowling e Murakami escriben en galego grazas a unha madrileña e unha xaponesa

Posted by on Sep 30th, 2009 y archivado abajo Curiosidades, Galicia, Portada, Sin sección, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Hoxe é o Día Internacional da Tradución (Foto:CPGXK)

Hoxe é o Día Internacional da Tradución (Foto:CPGXK)

Son mulleres. Unha chegou de Madrid e a outra do Xapón. Marilar Aleixandre (Madrid, 1942) e Mona Imai (Tokio, 1978) recórdannos hoxe, Día Internacional da Tradución, que o coñecemento dunha lingua  non ten nada que ver coas estatísticas e si co interés por coñecer e vivir outra cultura dende dentro. Ámbalas dúas  teñen moito en común: son galegas de adopción e, grazas a elas, podemos ler na nosa lingua ‘Harry Potter e a pedra filosofal’, de J.K. Rowling; ‘Muller Ceiba’, de Sandra Cisneros,  ou ‘A caza do Carbairán’, de Lewis Carroll. A Mona Imai, que traballa para a editorial Rinoceronte, debemos a tradución de autores xaponeses como Kawabata, Murakami, Tanizaki ou Yoshimoto, e proximamente sairá á venta ‘Botchan’, de Soseki Natsume.

Falan en galego, síntense galegas e traducen ao galego, aínda que, realmente, non é a súa lingua materna.

Marilar Aleixandre chegou a Galicia con 25 anos, e foi a esa idade cando tivo o seu primeiro contacto co idioma. Daquela xa falaba inglés, francés e portugués. Ela é profesora na facultade de Bioloxía da Universidad de Santiago.

Mona Imai

Mona Imai

Mona Imai vive en Vigo e tampouco estudiou Tradución, senon Ciencias do Mar, “esa é a miña carreira académica, pero a carreira da miña vida é aprender o galego”, engade. Ademáis, a tradución suponlle “un complemento” que combina co traballo nun comercio, “é moi difícil vivir da tradución literaria”, suliña. Mona Imai chegou a Galicia coa súa irmá aos 12 anos, viu para vivir na ‘Cidade dos Muchachos’ do pai Silva en Bemposta, e xa non marchou. “Gustounos tanto isto que chamamos a casa dos meus pais para dicirlles que quedabamos aquí”, sinala Mona. Antes de estar en Galicia non sabía nada desta comunidade, “e aínda agora, en Xapón, non comprenden que viva en España pero sen paella, touros nin flamenco”, di. O seu namoramento débese “á  xente, á cultura, a que se vive máis relaxadamente…”. De feito, solicitou xa a nacionalidade española.

Marilar Aleixandre

Marilar Aleixandre

Marilar Aleixandre, que é a elixida deste ano para recibir a homenaxe da Asociación de Tradutores Galegos, declárase militante do galeguismo, non en vano, casou con Ramón Facal, membro dunha familia histórica do nacionalismo. “Eles fóronme corrixindo, aprendín por inmersión, foi un proceso que se pode comparar ao namoramento”, explica. Aleixandre, que impartiu clases en Vigo, onde viviu,  é tamén unha recoñecida escritora en lingua galega, así, recibiu o Álvaro Cunqueiro en 1998 por ‘A compañía clandestina de contrapublicidade’, o Xerais en 2001 por ‘Teoría do caos’, ou o Esquío de poesía en 1998 por ‘Catálogo de velenos’. Agora prepara un libro de relatos para Xerais, e a súa ilusión sería traducir un compendio de poesía inglesa contemporánea.

Mona non atopa semellanza algunha entre a cultura xaponesa e a galega, agás no sustantivo ‘morriña’ e o sentimento que conleva, “alí tamén  hai moitos emigrantes, por iso sabemos o que é a morriña e temos unha palabra equivalente”, sinala. O que considera máis difícil da tradución é transmitir a cultura xaponesa á mente galega. Pola súa banda, a Marilar gústalle o verbo arrebolar en expresións como ‘arrebolar un bico”, e recoñece que determinadas expresións, como “a fume de carozo”, dificilmente teñen unha semellanza no castelán.

Marilar e Mona son defensoras do galego e de que as institucións o respalden, “facer o contrario é mostra de iñorancia e mala fe”, di Marilar, quen critica as pretensións de Galicia Bilingüe.

O certo é que ámbalas dúas son un bo exemplo de adaptación e amor pola cultura galega, pero, tal e como sinala Alberto Álvarez Lugris, profesor da Universidade de Vigo e secretario da Asociación de Tradutores Galegos,  “hai moitos máis casos” de estranxeiros falando galego grazas aos centros de estudio Galegos espallados polo mundo. Pon como exemplo “unha profesora de Cracovia que lles ensina aos alumnos ou estudantes polacos e doutros países que incluso fan teses do noso idioma”.

Alberto é un dos organizadores dos actos que hoxe, dende as 10 da mañá, se levarán a cabo na Universidade de Vigo en Tradución e Interpretación (mesas redondas, conferencias, cine…). A súa asociación organiza a conferencia de Marilar Aleixandre, ás 20:00 horas, no Centro de Arte Contemporáneo de Santiago. O 20 de outubro acudirá Daoud Hari, intérprete de xornalistas en Darfur e actualmente ameazado no seu país por colaborar con eles. Ser tradutor tamén pode ser unha profesión de risco.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta