vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Universidade de Vigo é recoñecida cun premio en EEUU pola súa investigación en computación intensiva

Posted by on Sep 25th, 2009 y archivado abajo Ciencia y Tecnología. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

Supercomputador Finis Terrae

Supercomputador Finis Terrae

O equipo CESGA-UNEX-UVIGO resultou gañador, na categoría de ‘Aplicacións de Computación Intensiva’, do ‘ITANIUM INNOVATION AWARDS 09’ que concede a Itanium® Solutions Alliance como recoñecemento polo uso extraordinario de supercomputadores equipados con procesadores Intel® Itanium. Os premios entregáronse nunha cerimonia celebrada no Museo de Arte Contemporáneo de San Francisco, California.

Estes premios recoñecen, en tres categorías diferentes a excelencia de traballos de supercomputación realizados en sistemas baseados en Itanium. Os criterios de selección dos traballos presentados dende 14 países e dos 5 continentes, baséanse fundamentalmente na dificultade do reto computacional presentado, os resultados producidos e a orixinalidade da proposta.

En concreto, a categoría na que o equipo CESGA-UNEX-UVIGO resultou gañador recoñece a organizacións que empregaron os seus sistemas baseados en Itanium para facer fronte a enormes e críticas cargas de computación que demandan un alto rendemento constante e recursos compartidos escalables.


O xurado composto por destacados membros da industria,
considerou ao equipo do CESGA merecedor do premio polo uso feito do supercomputador Finis Terrae para analizar problemas de computación electromagnética masivos, o máis grande con máis de 500 millóns de incógnitas, con aplicacións de interese para a mellora do deseño industrial. O CESGA empregou os servidores HP Integrity, equipados con 1.024 procesadores Itanium en paralelo e 6 TB de memoria, para conseguir unha solución que é primeira na súa clase e que lle valeu este galardón, entre outros.

O equipo está composto polos investigadores Fernando Obelleiro e José Luis Rodríguez da Universidade de Vigo e por Luis Landesa e José Manuel Taboada da Universidad de Extremadura. Traballan de forma coordinada dende hai anos para, entre outros, a Armada e a empresa Navantia desenvolvendo sistemas que permiten abordar estudos de compatibilidade electromagnética, co obxectivo de detectar interferencias entre antenas, predicir niveis de radiación perigosa, estudar a súa superficie equivalente radar, etc.

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), dependente da Consellería de Economía e Industria, é o centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servizos avanzados da Comunidade Científica Galega, sistema académico universitario e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A súa misión é promover a investigación de alta calidade en Ciencia Computacional, en estreita colaboración coa comunidade de investigación de Galicia, así como doutras rexións ou países de todo o mundo, contribuíndo así ao avance da ciencia, a transferencia de tecnoloxía á industria e as administracións, e como consecuencia, para o benestar da sociedade no seu conxunto.

A Itanium® Solutions Alliance é unha comunidade global de vendedores de hardware, sistemas operativos e aplicacións, dedicada a promover a adopción e o desenvolvemento constante de solucións baseadas nos procesadores Itanium.


Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de V al minuto - Vigo

ElektronikSigara - sex shop vibrator
sex izle,rus porno,ankara escort,ankara escort,ankara escort,istanbul escort,escort bayan,pendik escort,escort bayan,taksim escort,sex izle,beylikdüzü escort,istanbul escort,pendik escort,istanbul escort,
porno resim,sex resim,türbanlı porno resimleri,
Nice servis,nice bariyer,mantar bariyer,epoksi zemin kaplama,köşe koltuk,yükleme rampası,bft ,bahçe kapısı motoru,nice türkiye,nice türkiye,kurumsal seo,nice türkiye,otomatik kepenk,Dış cephe mantolama,pergola,