Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A nova cara de Lavadores costará 9 millóns

Posted by on Sep 24th, 2009 y archivado abajo Destacados, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou en “preto de oito ou nove millóns de euros” os investimentos destinados á mellora de Lavadores, unha zona que “se está a reactivar” coa construcción dunha biblioteca, un parque infantil, un proxecto de centro cívico e a humanización de distintas rúas.

O rexedor visitou este xoves á zona con representantes da Asociación de Veciños, con quen mativo asemade unha reunión posteriormente. En Lavadores, segundo indicou Abel Caballero, xa executáronse as melloras da Alameda -xunto ao cuartel de Barreiro-, a ampliación da rotonda, a Baixada a Santa Cristina e a rúa Fontáns.

Actualmente, o alcalde citou máis proxectos previstos para Lavadores, como unha biblioteca en Riviera Atienza e un novo parque infantil en Ernesto Lecuona, que se sumarán así á ampliación xa executada no parque de Barreiro.

Está xa conveniada co anterior goberno autonómico as humanizacións de Severino Cobas e de Manuel Álvarez, rúas que suman máis de dous quilómetros de lonxitude e suporán un inverstimento próximo aos seis millóns de euros. O alcalde asegurou que existe asemade un proxecto municipal dun novo centro cívico cercano ao cuartel de Barreiro.

Abel Caballero concluiu que en total os investimentos rondarán os oito millóns de euros en Lavadores, “un dos grandes abandoados históricos” da cidade.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta