Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

11.000 pasaxeiros de violín no autobús no Día Europeo Sen Coche

Posted by on Sep 23rd, 2009 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes saltar al final y dejar una respuesta. Pinging no est actualmente permitido.

 

 

 
De violón/S.Pereira
Un total de 10.963 viaxeiros, entre eles o alcalde, empregaron as once liñas de transporte urbano gratuítas postas en marcha por VITRASA na cidade de Vigo con motivo do Día Europeo sen coches, segúndo informou a compañía. Esta cifra supuxo preto do 15% do total de viaxeiros que no día de onte subiéronse a un autobús.As liñas gratuítas no Día Europeo sen Coches foron a C2–C7–L-14-L-18–L-20–L-21–L-25-L-29 e Lanzadeiras ao Cuvi. As que maior número de viaxeiros transportaron foron a C7, con 2.407 pasaxeiros, e a C2,cun total de 1.982 ,ao longo de todo o día. As tres liñas ao Cuvi transportaron 3.100viaxeiros.

Con respecto ao número de pasaxeiros que empregaron estas liñas o Día Europeo sen coches no ano 2008, a cifra incrementouse un 7,28%,isto é, 744 viaxeiros máis co ano anterior.

Esta iniciativa púxose en marcha en Vigo hai 5 anos co obxectivo de fomentar o emprego do transporte público na cidade sendo conscientes da necesidade de reducir os índices de contaminación nas grandes urbes.

Durante os nove primeiros meses do ano, VITRASA desprazou un total de 14.786.779 viaxeiros.

 

 

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta