Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Quince torres de luz na Gran Vía madrileña para guiarnos ata Galicia

Posted by on Sep 20th, 2009 y archivado abajo Cultura. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Unha das torres que alumaron a Gran Vía madrileña.

Unha das torres que alumaron a Gran Vía madrileña.

A arteria principal de Madrid, a Gran Vía, iluminouse na ‘Noite en Blanco’ grazas a un espectáculo lumínico para patrocinar o Xacobeo 2010. Deseñado por Óscar Vázquez, con 15 torres de luz de 10 metros de altura e catro stands con información sobre Galicia e sobre o Camiño de Santiago foi unha das instalacións estrela da cuarta edición de este fetival madrileño.

De 21 a 06 horas a Gran Vía iluminouse coas cores do Xacobeo 2010 nunha zona liberada de tráfico rodado e na que as máis coñecidas fachadas da cidade formaban parte do espectáculo. As farolas e focos da vía apagáronse na súa totalidade e unha nova iluminación creada especialmente para a ocasión mudou a percepción da rúa converténdoa nun Camiño de Luz baixo a dirección artística de Rafael Doctor e a producción de Óscar Vázquez en colaboración co servizo de alumeado público do Concello de Madrid.

Ademáis, o Xacobeo instalou lonas publicitarias co seu logotipo en cada unha das 15 torres de luz situadas ao longo da Gran Vía madrileña e que podían verse dende calquera punto da rúa pola que pasaron milleiros de persoas durante esta noite. As torres situáronse no medio da beirarrúa e iluminaron a ambos os dous lados da mesma cuns focos móbiles que cambiaban de cor e de intensidade segundo unha estudada coreografía de luces.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de V al minuto - Vigo