Comarcas

A crise non pode co turismo en Tui

Vista xeral de Tui
Vista xeral de Tui

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui recibiu o pasado mes de agosto máis de 10.143 consultas de turistas, case a tripla que o pasado mes de xullo cando houbo 3.685 consultas. O número de consultas rexistradas está na liña dos últimos anos crecendo lixeiramente.

Tres persoas, bolseiras en Turismo subvencionadas ao 50% polo Padroado de Turismo Rías Baixas e polo Concello de Tui, encárganse de atender até finais de ano, aos visitantes que se achegan ata a cidade.  A oficina permanece aberta de luns a venres en horario continuo de 10 a 20h, mentres na fin de semana pecha unha hora ao mediodía atendendo ao público de 10.30 a 14.30 e de 15.30 a 19.30h. 

Do total de consultas realizadas en agosto 8.919 eran españois e 1.224 eran estranxeiros.

No que respecta ao turismo nacional Madrid é Comunidade da que proceden a maior parte dos que se achegan ata, representando o 25% das consultas, seguido de Cataluña cun 13% e Andalucía cun 8,2%. É salientaba tamén o número de turistas que chegan doutras comunidades coma Castela León, Castela A Mancha, a Comunidade Valenciana ou o País Vasco. Compre mencionar tamén o número de turistas galegos que realizan o 6,8% das consultas no Oficina de Turismo.

Mentres no turismo que chega doutros países Portugal, pola súa proximidade, segue a estar a cabeza no número de cidadáns que se achegan a este posto de información representando o 40% das consultas, en segundo lugar está Francia cun 16,3%, e Italia cun 11% e o Reino Unido cun 9%.  En total hai consultas dun total de 36 países onde figuran lugares coma Tailandia, Corea do Sur, Perú, Polonia ou Letonia entre outros.

O día de agosto en que máis consultas se rexistraron na oficina Municipal de Turismo foi o mércores 19 de agosto cun total de 653 persoas que pasaron por este punto de información. 

Do total de 10.143 persoas que se achegaron até a Oficina de Turismo so o 5% pernoctaron algunha noite nos establecementos hostaleiros da cidade, polo que esta continua a ser a materia pendente do municipio, lograr un turismo que permaneza máis dun día en Tui e non sexa só de paso.

Amais da Oficina Municipal, Tui conta tamén cunha Oficina de Turismo da Xunta situada na Área Panorámica, onde as cifras de visitas son similares as da municipal.

También te puede interesar