Vigo al minuto

A Universidade patenta unha boia intelixente capaz de dar datos en tempo real

A presentación da patente.
A presentación da patente.

Froito do traballo desenvolto na Universidade de Vigo e no departamento de I+D+i da empresa CIS, nace a HidroBoia, unha boia intelixente coa que monitorizar a calidade das augas tecnoloxicamente moi superior a calquera outra que se empregue na actualidade, tanto en España coma no estranxeiro, e que aportará datos en tempo real cun custe de mantemento mínimo. Presentada hoxe na universidade viguesa, o sistema acabou rexistrada en tan só un par de meses na Oficina de Patentes de Estados Unidos. Esta patente, provisional e segreda, sairá publicada como definitiva en 18 meses, intre no que empresas e centros de investigación poderán acceder a ela.

A principal vantaxe da HidroBoia, válida tamén para augas doces, radica no feito de que resolve moitos problemas que as boias convencionais máis avanzadas que se están empregando, incluso nos EEUU, non solucionan. Os sistemas empregados ata agora poden chegar a alcanzar prezos de arredor de medio millón de euros por boia, teñen elevadísimos custes de mantemento e só miden augas superficiais, mentres que este novo sistema permite mostras a diferentes profundidades, aporta datos múltiples e precisos, ten un menor custe e unha vida útil maior.

A nova boia intelixente.
A nova boia intelixente.
Os sensores só tocan a auga no momento da medición.
Os sensores só tocan a auga no momento da medición.

Con sensores en compartimentos pechados que non están en contacto coa auga salvo no momento de facer as medicións é unha das maiores innovacións do sistema, xa que os sensores tradicionais teñen que limparse e calibrarse cada 15 días debido á corrosión e a todos os problemas derivados de estar sumerxidos na auga.

También te puede interesar