Destacados Sin sección

A Favec denuncia a “estafa” das multas de 300 Euros por non identificar ao conductor

A Federación de Veciños denuncia a morea de requerimentos para identificar aos condutores orixinados por “infracións inxustificadas” que con este procedemento dan paso á creación dun novo expediente. Así, unha falta leve de 30 euros se convirte en grave por non identificar ao conductor, co cal, sube ata 300 euros.

A Federación Veciñal sinala que “demostrou e documentou en numerosas ocasións as irregularidades que se cometen na zona azul, con zonas de estacionamentos non permitidos onde se aplica o réxime recaudatorio e onde se sanciona de xeito reiterado”. Tamén engade que as sancións interpostas polos traballadores da ORA con antelación ao pasado mes de setembro carecen de validez ao non incluír os datos da persoa que denunciaba ou dun axente. Outras moitas sancións da zona azul , indican, “nunca chegaron a ser notificadas nos domicilios”. Así, sinalan “nesta cadea de irregularidades a identificación do condutor e as consecuentes sancións de 300 € resultan unha estafa e un auténtico fraude para a cidadanía”.

A Favec acusa ao concello de atoparse sumido nunha “voráxine recaudatoria que para nada contempla os dereitos da cidadanía “. A FAVEC advirte ao concello que rectifique” e empece a traballar polos dereitos da cidadanía e devolva os cartos a todas as persoas afectadas por igual”.

También te puede interesar