vigoalminuto.com - Tu peridico digital

As ONG piden máis cartos ao concello aproveitando o ‘Día do Cooperante’

Posted by on Sep 8th, 2009 y archivado abajo Destacados. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Ambos comentarios y pings estn actualmente cerrados.

Día do Cooperante no Concello

Día do Cooperante no Concello

Nin sequera o 1% do presuposto do Concello de Vigo se adica á cooperación ao desenrolo. A Rede Social Galicia Sur, integrada por 27 asociacións de Vigo e o seu entorno, quixo aproveitar o acto do Día do Cooperante para recordar, con María Méndez (responsable de Asuntos Sociais) e Santi Domínguez (Tenente de Alcalde) presentes, que os 100.000 euros que adica o Concello todavía son poucos se se comparan con outras cidades similares. Con incluso menos habitantes, Vitoria e Pamplona adican máis de 2 millóns de euros, Burgos máis de 1 millón e Córdoba 700.000 euros.
David Viso, representante da Rede Social Galicia Sur, recriminou que o alcalde, Abel Caballero, non respondese a sua petición de chegar ao 0’3% do presuposto nesta lexislatura e ao 0’7% na seguinte.
María Méndez, concelleira de Benestar Social, quiso suliñar que precisamente, tra-la sua chegada ao poder, a aportación incrementouse de 64.000 euros a 100.000 euros e que actualmente aprobáronse 30.000 euros para campañas de sensibilización das diferentes asociacións.
O Concello entregou este ano 70.000 euros ao Fondo Galego de Cooperación. Estes cartos irán destinados a dotar de saneamento Illa do Fogo, unha localidad en Cabo Verde, o ano pasado foron para a autoconstrucción de vivendas en Totogalpa (Nicaragua).
O Fondo Galego de Cooperación é a entidade que coordina as políticas públicas en materia de cooperación na administración local. Foi creado en 1997 para coordinar as accións de este tipo impulsadas dende os municipios da comunidade. Vigo é socio do Fondo Galego dende 1998.
Dende hai 3 anos conmemorase o día 8 de setembro como o día do cooperante, xa que foi a data na que se firmou a ‘Declaración do Milenio’, na que tódolos países, a través da ONU, se comprometen a erradicar a pobreza antes de 2012.
Galicia ten actualmente 50 cooperantes traballando no exterior, éstes se diferencian dos voluntarios en que sí contan cun contrato de traballo. Unha delas, a viguesa Ana Alonso, se atopa actualmente en Guatemala mellorando infraestructuras nunha das zonas máis deprimidas. Hoxe, no acto do Día do Cooperante no Concello, contactouse con ela por videoconferencia para que relatase a súa experiencia.

Amaia

Amaia

Escoitándoa estaba Amaia, cooperante de Médicos sin Fronteras actualmente en Vigo. Amaia traballou en Tanzania, Afganistán e Zimbabue. Amaia quiso na sua intervención desmitificar a figura do cooperante, “sempre viviremos mellor que a poboación que atendemos e na cooperación tamén existen clases, non é o mesmo traballar nunha gran organización como Unicef a facelo nunha pequena con menos medios”, sinalou. Amaia asistiu en Afganistán a mulleres e nenos que nunca viran un médico, por iso pensa que incluso “os máis marxinados da nosa sociedade viven mellor ca eles”. Así, rechazou a “obsesión mediática” coa gripe A “cando millóns de persoas no mundo seguen a morrer de cólera ou hepatite”.

Be Sociable, Share!

Los comentarios estan cerrados

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator